4 de marzo de 2024

Folga na banca en Galiza 29F

O pasado 29 de febreiro, na mesa de convenio, manifestamos que a folga en si non é un fin, é un medio que temos as traballadoras e traballadores para conseguir os nosos obxectivos. Neste caso, que a patronal AEB negocie e non impoña, que fagan UNHA PROPOSTA SERIA E ASUMIBLE.

O apoio á folga en Galiza foi moi amplo, coa maioría das oficinas do sector pechadas, e centos de compañeiras e compañeiros manifestándonos na Coruña por un convenio xusto. Sen siglas e sen bandeiras: o protagonismo da folga foi das traballadoras e dos traballadores, e quen convocamos esta folga seguimos apostando por esa unidade, de todas e todos.

Manifestación na Coruña o xoves 29 de febreiro

As bancarias e bancarios berramos alto e claro, polas rúas da Coruña, que rexeitamos os novos recortes que propón a patronal e a presión comercial á que nos someten no noso día a día. Non imos consentir que sigamos perdendo salario e dereitos.

Na próxima xuntanza do día 13 de marzo a Patronal ten a obriga de presentar unha proposta acorde coa realidade do sector. A responsabilidade social dos bancos comeza polos seus propios cadros de persoal, que asumiron os maiores sacrificios durante a última década.

Adiante e moita forza a todas e todos, a loita continúa!

CIGELASECBBVA—Intersindical–CSC




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!






Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 240304 [.pdf · 249 kB]



Ningún comentario: